lunes, 13 de enero de 2014

A NOSA BILBIOTECA DE AULA


Nos primeiros meses deste curso comprometinme a iniciar a Biblioteca de Aula. Unha vez que o curso está en marcha e xa estamos moi adaptados ao novo ciclo, chegou o momento de que entre todos... a poñamos en marcha!

Nun recuncho da clase crearemos a nosa Biblioteca de aula. Será unha biblioteca compartida. O espazo para que compartades aqueles libros que vos gustaron especialmente. Presentarédelos ante a clase, sen contar todo o argumento, comentaredes por que vos gusta o libro e recomendarédelo.
Bo, isto é só o principio. Faremos outras moitas cousas. Prestade atención!


                      
                                                         Biblioteca aula from DoloA

Seguide lendo!



Agora uns cantos consellos. Estaredes de acordo?


                            

2 comentarios:

  1. Seguro que os queda unha biblioteca de aula fantástica. Cando a teñades rematada queremos vela así como todas as actividades que fagades con ela. Un biquiño.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Farémolo lentamente. É unha tarefa para todo o ciclo. Xa veremos os recursos que podemos utilizar, dependendo da implicación dos nenos e do tempo que dispoñamos. Terán que traballar sen distraccións e con moito interese!!! Ana,unha aperta.

      Eliminar