domingo, 1 de diciembre de 2013

O MÁXICO PAÍS DOS CINCO SENTIDOS.


Dende principio de curso estamos a traballar o tema da saúde. Aínda que nos estamos a parar moito nos hábitos alimentarios saudables, debemos deternos no máxico mundo dos sentidos.
Pretendemos promover o coñecemento da utilidade dos sentidos, aplicable a diferentes situacións de alimentación, saúde, ocio... O tema da saúde ten unha relación moi directa co tema de Os Sentidos.

Hoxe comezamos a coñecer en que consiste cada sentido e experimentar con cada un deles como forma de interpretación e de relación co mundo exterior.
Nas semanas seguintes, e nas primeiras do novo ano, teremos algunhas sorpresas para seguir investigando sobre os nosos sentidos. Comezamos.

Se tiveses que dicir cal é o órgano dos sentidos máis importante, cal dirías que é? Pensao ben e xustifica a túa resposta.

Para comprender o máxico mundo dos sentidos e saber como coidalos é necesario coñecer os seus órganos, como funcionan e como debemos coidalos. Pulsa na seguinte imaxe na que tes unha preparación seguindo o teu libro de texto.



O CORPO HUMANO POR FÓRA. OS SENTIDOS

Recurso para comprender que o corpo humano se relaciona co exterior a través dos sentidos. Explica as partes e funcionamento dos diferentes sentidos.


Picar na imaxe.

LECOAS MANS

As persoas cegas non len letras escritas con tinta, senón grupos de puntiños en relevo., segundo o sistema Braille. Poden ler coas mans.
O sistema Braille foi inventado por un rapaz cego chamado Louis Braille (1809-1852), cando só tiña 15 anos.
Hai tempo, a maioría da xente pensaba que as persoas cegas non aprenderían a ler, pois crían que soamente se podía facer mirando as palabras cos ollos. Pero ese mozo francés, cego dende os tres anos, quería facelo desesperadamente. Comprendía que el non podería acceder ao mundo do coñecemento. Encontrou a forma!

Para ler braille móvense os dedos sobre o texto de esquerda a dereita, pasando por cada liña. Os lectores de braille poden ler de 100 a 125 palabras por minuto, aínda que poden chegar ás 250 utilizando ambas mans.

Pensa e responde:
Para que serve o sistema braille?  Que nos indican os números que hai dentro do parénteses? Como se moven as mans para a lectura dos textos braille? Cantos anos fai que se inventou o sistema braille?


                      

2 comentarios:

  1. Unha boísima entrada, Dolores. A preparación está fantástica e moi completa e a presentación de Ler coas mans, encantoume. Un bico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Ana. Estamos iniciando o importante tema da saúde dende principio de curso. Confío que estea servindo para que todos tomemos conciencia da importancia de adoptar hábitos saudables. Un cariñoso saúdo.

      Eliminar