viernes, 8 de noviembre de 2013

VISITA Á GRANXA- ESCOLA “A CASA DO QUEIXO”


AS NOSAS IMPRESIÓNS DA VISITA Á GRANXA- ESCOLA 
“A CASA DO QUEIXO”

O martes 22 de outubro fomos de excursión á Casa do Queixo. Está granxa- escola está na parroquia de Grixalba, concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña).
COÑECENDO  SOBRADO  DOS  MONXES

PICAR AQUÍ

Foi a primeira excursión do 2º ciclo na que comemos fóra do colexio. Pensamos que se ía suspender pois o luns facía un tempo malísimo!

Se os profes pretendían que puidésemos ter un contacto directo co medio rural na súa rama agrícola, gandeira e artesanal, conseguírono.
Agora comprendemos mellor as relacións entre o urbano, rural e natural. Nós abrimos o frigorífico e aparécennos produtos da terra. Sería estupendo que fosen produtos galegos!
Pero agora valoramos os gandeiros, agricultores... que co seu duro traballo (da mañá á noite, sen moito tempo libre nin vacacións, pendentes do tempo que fai, vivindo sen as comodidades e posibilidades das cidades...) achégannos ás nosas mesas o leite, as patacas, a carne, a froita, a verdura...

Pasamos a contarvos a nosa experiencia. O día comezou con moita ilusión, dende o momento que montamos no autobús. A viaxe fíxosenos moi curta!
Chegamos á aldea rehabilitada onde se encontra a granxa escola. Estábanos a esperar Belén, a directora da Casa do Quiexo, e outros moitores.
Inmediatamente pasamos á granxa. Alí vimos os seus animais, déronnos as instrucións para o día e distribuíronnos en varios grupos. Mesturámonos nenos/as de cada unha das catro clases.

      

Unha vez alí puidemos aprender moitas cousas.
Como coidar e alimentar aos animais que viven na granxa. Belén explicounos detidamente a importancia do porco na nosa dieta e cultura.
Xa di o dito popular  "A todo porco lle chega o seu  San Martiño". O día 11 de Novembro (celébrase O San Martiño) é o día das matanzas caseiras do porco na Galicia rural. Tamén marca a entrada no inverno.
Aos marráns ou cerdos aliméntanos con: patacas, millo, herba, verdura … con todo alimento que sobre na casa.  
Matános antes de que teñan un ano e medio de idade ou algo menos Xa poden pesar uns 100 quilos.
O derradeiro día non se lle dá de comer para que teña as tripas baleiras. Aprendimos moitas cousas máis!


Fixemos queixo e chourizos. Aquí está un esquema do moito que aprendimos sobre a elaboración do queixo.


Logo pasamos a acción e elaboramos o noso queixo e chourizo!

     


Aprendimos moitas cousas sobre o Magosto e as castañas... As castañas encántannos. Especialmente as do castiñero do patio do colexio!
Pódense facer de moitas maneiras. As formas máis habituais de preparalas son: asadas ou cocidas. Para facelas asadas hai que darlles un corte para que non salten.
Se se fan cocidas hai que sacarlles a pel e poñelas a cocer con fiuncho (herba olorosa) e sal.
E comémolas asadas na lareira contando contos e chistes!


Participamos nos distintos talleres mostrando moito interese e curiosidade!
Tanto traballo abriunos o apetito e sobre as 14:00 collimos as nosas mochilas e puxémonos a comer.

Para rematar dirixímonos cara a onde están os porcos celtas (a única raza porcina autóctona de Galicia).  E case non nos deu tempo a xogar... debiamos subirnos ao autobús. Regresamos moi contentos!

Despedímonos cun compromiso. Será ter actitudes e comportamentos respectuosos co mundo rural e unha postura responsable ante a utilización dos recursos naturais. Nada de rexeitar verdura, froita…

Por último en clase fixemos unhas redaccións sobre o que viviramos. Esta vez poñemos soamente dous. Para que esta entrada non sexa moi longa! Pero a profe felicitounos a todos polo noso traballo.

Así nolo contan: 
Andrés e Raquel


Na web do cole hai moitas fotografías da xornada do 22 de outubro!

2 comentarios:

  1. Seguro que o pasáchedes fenomenal e ademáis aprendíchedes moito. Eu estiven alí dúas veces de excursión e encantoume. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois si, o pasamos moi ben. Non tivemos ningún incidente, os rapaces mostráronse moi curiosos e observadores. Faltounos ir en tractor! O tempo non nolo permitiu. Unha aperta.

      Eliminar