sábado, 2 de noviembre de 2013

UNIDADE 2- UNS COCIÑEIROS MOI ESPECIAIS. O LIBRO VIAXEIRO DAS RECEITAS

ILUSTRADORA: SUSANA HOSLET

Estamos a traballar a Unidade didáctica A nosa alimentación”. Aprendemos moitas cousas: a orixe dos alimentos, que son os nutrientes, como debe ser unha dieta saudable, o coidado dos alimentos...
Xa fixestes a roda dos alimentos. Con moito esforzo e creatividade! Con toda seguridade que vos quedou moi claro cales son os nutrientes dos distintos alimentos e como debe ser unha dieta saudable.
É un tema apaixonante e agora esperamos coñecelo mellor coa axuda de algún recursos e a implicación das nosas familias.

A maioría dos nenos experimentades que comer é unha alegría. Ben, para algúns é unha especie de castigo ou padecemento! Esta situación é motivo de gran preocupación para os vosos pais e de desgusto para os que xamais tedes fame e pasádesvos moito tempo ante os pratos.
Intentaremos dar recursos e ideas para que os primeiros sigades gozando e que os nenos que sodes mal comedores vos acheguedes ao mundo da alimentación con curiosidade e interese.


Os seguintes recursos tamén poden ser de axuda para a tarefa que vos propoño ao final deste post.


Comezamos cunha excelente curtametraxe.
“Al dente”
de Maël François, Jean-Francois Barthélémy y Carlos Felipe Leon.

                       
                                          Al Dente from Mathieu Alvado on Vimeo.
Conta a historia dunha nena que está famenta e que entra na cociña dun chef que canta ópera. A rapaza descobre a maxia e os perigos na cociña do ogro cociñeiro- tenor.
Por que este título? O término "Ao dente " está relacionado coa pasta. Refírese ao seu estado de cocción. O concepto vén a indicar que está cocida e que ofrece algunha resistencia (firmeza) ao dente cando a mordemos. Considérase como unha forma ideal de cocción da pasta.
Decatástesvos cal é o seu prato-estrela? Se, como nos contos tradicionais o seu prato favorito ten como ingredientes aos nenos! Menos mal que soamente é unha curtametraxe!
Que outras cousas vos chamaron a atención? Comentarémolas en clase.

COCIÑANDO TAMÉN APRENDEMOS
Entre outras moitas razóns cociñar:
  1. Favorece a linguaxe e a lecto-escritura. Conversamos sobre unha receita mentres se le, se segue e se prepara.
  2. Os nenos usarán os coñecementos da matemáticas para contar, medir, e seguir as instrucións paso a paso.
  3. A boa nutrición estimúlase a través da preparación para cociñar. Vendo exactamente que é o que vai nunha receita axúdanos a tomar mellores decisións acerca da comida que comemos.
  4. Póñense en práctica hábitos de hixiene e orde. Antes de comezar hai que lavarse moi ben as mans, poñerse un mandil e recollerse o pelo.
  5. Ao rematar lavaranse todos os utensilios utilizados, limparanse as mesas e deixarase todo recollido.
Máis adiante suxerireivos unha tarefa. Podedes empezar visitando os seguintes sitios que nos suxiren receitas doadas para realizar cos nenos. 
Xa sabemos que os nenos aceptan mellor a comida cando saben de onde provén e cando se implican na súa preparación.

PULSADE NA IMAXE E INVESTIGADE O QUE HAI NO BLOG.

Alya Markova está especializada en moitas cousas: en ilustración infantil, ilustración de gastronomía, ilustración de contos, etc. Ademais ten este blog "Cartoon Kooking" no que une saborosas e apetitosas receitas cuns debuxos sorprendentes, divertidos e deliciosos cheos de detalles. Defínese a si mesma como ilustradora, cociñeira e unha marabillosa “perdetempo”.


ILUSTRADORA: SUSANA HOSLET

Telmo e Tula  é un programa de Disney Channel para que os pequenos “chefs” de cociña poidan aprender un pouco sobre como cociñar, de xeito sinxelo e seguro, todo tipo de almorzos, merendas, ensaladas e sobremesas. A súa  intención é mostrarlles aos nenos os beneficios dunha dieta variada e saudable.
Os dous irmáns cociñan e realizan receitas que calquera neno pode facer coa supervisión dalgún adulto.

ILUSTRADORA: SUSANA HOSLET

Pequerecetas.com é un blog dedicado á alimentación infantil. Ten unha gran variedade de receitas para os máis pequenos, organizadas segundo os alimentos, as idades, así como receitas especiais para nenos celíacos ou que padecen alerxias ou outras intolerancias e moitas cousas máis.


Para axudar na elaboración dos menús mensuais e samanais.



PICAR AQUÍ

Estupendo e colorido blog no que encontraredes: receitas por idades (ir "En la escuela"), carteis, consellos sobre alimentación saudable...

PULSADE NA IMAXE
A maioría dos recursos pódense descargar e imprimir.

A DESPENSA- XOGOS
Aquí encontraredes moitas actividades relacionadas cos alimentos: xogos, receitas, experimentos, poemas, ditos, adiviñanzas...


PICAR AQUÏ

LIBRO VIAXEIRO DAS RECEITAS

Propóñovos unha pequena aventura e unha viaxe especial polo mundo da alimentación.
É necesario que chamedes aos vosos pais para que coñezan esta proposición. Xa estades todos?
Nesta entrada adiántovos o que imos levar a cabo ao longo das próximas semanas. Recoméndovos que leades atentamente a seguinte presentación.

En clase organizaremos todos os detalles. Tamén faremos un calendario da viaxe da nosa maleta. Pensade en que momento vos vén ben recibila na casa.

Quen se anima en primeiro lugar?

                    

2 comentarios:

  1. Que boísima idea tivéches!!!!!! Paréceme xenial a idea de facer un libro de receitas viaxeiro. Seguro que vos queda fantástico. E con tan bos recursos como propoñes vai ser moi doado facelo ji ji Unha aperta e que "cociñedes" moi requeteben.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esperemos que madure a proposta e xa veremos os grandes cociñeiros que descubrimos. Ademais, espero que a algúns se lles abra o apetito! Xa comentaron que os pratos que aparecían nos recursos "teñen boa pinta". Uha saborosisimaaa aperta dos "xefes” de cociña..

      Eliminar