sábado, 19 de octubre de 2013

UNIDADE 1- UNHA PESADA DOENZA

Imaxe de Susana Hoslet

Comezamos cun texto narrativo. A lectura Unha pesada doenza presentounos o tema da saúde, arredor do que xira o apartado de Vocabulario.
Tamén estarán relacionadas coa lectura as situacións para o estudo dos contidos gramaticais e ortográficos da unidade (a comunicación e o son k, respectivamente) e o resto de actividades.

ORTOGRAFÍA C/Q

PREMER NA IMAXE


A LINGUA SABE A PAN

Os alumnos de Cea fixeron esta  saudable canción á Lingua Galega.

Este é un Vídeo Elaborado polo Lipdub do CPI Virxe da Saleta, en Cea, sobre unha versión popularizada por Siniestro Total como “Miña Terra Galega”. 
Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo. 
O cole de Cea, un cole saudable! Moitas grazas!




A PORTA D TESOURO
Este curso imos a traballar cun magnífico proxecto da  Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié PORTAL DAS PALABRAS. Consta de diferentes seccións que iremos descubrindo pouco a pouco.
Especialmente é moi recomendable o seu potente dicionario electrónico que inclúe un servizo de busca de sinónimos e antónimos.
En clase traballaremos co seu dicionario. Recoméndovos que o gardedes en favoritos.
Agora, seguimos cun xogo relacionado coa saúde. Apunta ben!

Picar na imaxe

Serie infantil con humor, coa que se sensibilizará sobre os perigos domésticos. Nos capítulos preséntanse de maneira moi ordenada os obxectos perigosos, as situacións arriscadas e as posibles consecuencias negativas.

A  ESCOL DA AREAS
Esta curtametraxe de Tomás Conde e Virginia Curiá titulada “A escola das areas” é unha fermosa animación en plastilina.
Nunha viaxe a Pontevedra para buscar un remedio contra a variola,  Frei Martín Sarmiento discute cun mestre castelán falante sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos galego. Para demostrar a súa idea de falar e amar o noso idioma, Sarmiento aposta que lle pode ensinar a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días.



PREMER NA IMAXE

Por que pensas que titularon así esta curtametraxe?  En que lingual lles ensina o mestre ao alumnado?  Estas e outras moitas cuestións resolverémolas en clase.

PREPARACIÓN UNIDADE 1. UNH
PESADA DOENZA

Picar na imaxe

2 comentarios:

  1. Que boísima entrada, Dolores. Completísima e moi da nosa terra. Encántame a Lingua sabe a pan así como todas as animacións de Tomás e Virxinia aos que coñezo de cando me deron un cursiño no cefore de Ferrol. Unha aperta e moi boa semana!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Ana. Aos nenos estanlles a encantar os recursos que elaboraron e compartiron tan xenerosamente uns estupendos profesionais. Eu tamén che desexo unha xenial semana!

    ResponderEliminar