viernes, 11 de octubre de 2013

UNIDADE 1- AS PERSOAS E A SAÚDE. CRECENDO FELIZ.

Ilustradora: Karen Wolcott

Seguindo o noso libro de texto comprobamos que os tres primeiros temas “As persoas e a saúde”, “A nosa alimentación” e “Os sentidos” preséntannos ás persoas como uns seres vivos, coas súas características e algunhas das súas funcións vitais. Tratan sobre a saúde e o desenvolvemento persoal.
Comprenderemos que o coidado dos órganos dos sentidos é fundamental para o contacto co mundo que nos rodea. Tamén, relacionaremos a saúde coa práctica de hábitos saudabéis.
O importante é que tomedes conciencia sobre a importancia dun estilo de vida saudábel, por medio da hixiene, o exercicio físico, o descanso e a alimentación equilibrada.
Queres descubrir cales son os hábitos
 sans?
Como o faremos?
- Traballando durante este trimestre. Depende da vosa curiosidade, responsabilidade e grao de compromiso.
- Farémolo co libro de texto. Pero, non creades que todo será memorizar e xa está. Teredes que traballar en equipo, estar moi atentos en clase e participar coas vosas ideas e coñecementos, comenzar a realizar esquemas…
- Tamén nos implicaremos activamente: xogando, aplicando no colexio e casa os hábitos saudabéis, cociñando, investigando, utilizando as Tics… Nas próximas semanas explicaremos e presentaremos o proxecto que levaremos a cabo.
Agora para reforzar o traballado en clase déixovos uns cantos recursos. En primeiro lugar dúas preparacións do control. Picade nas seguintes imaxes.

CANTO CRECEMOS!


AS PERSOAS E A SAÚDE


Agora, uns xogos. As seguintes actividades implican o uso das TIC. Nelas podedes acceder a diferentes contidos sobre saúde, alimentos saudabéis e bos hábitos.


Fonte: Vedoque


Aplicación do Portal Educativo de Extremadura, que trata os seguintes temas: Visita ao médico. O coidado dun mesmo.  Comendo ben, comendo san. Visita ao dentista e ao oculista.


Fonte: Proxecto Agrega

2 comentarios:

  1. Moi bos recursos, Dolores. Algúns viranme moi ben para o noso proxecto deste ano. Unha aperta e boa finde.

    ResponderEliminar
  2. Ana, eu si que estarei pendente dese novo proxecto. Con toda seguridade me sorprenderei da calidade de recursos que elabores. Unha aperta.

    ResponderEliminar