domingo, 27 de octubre de 2013

O OUTONO E AS SÚAS CELEBRACIÓNS



Estamos no outono. É tempo de chuvias, de castañas, de vendimia, vén o frío…
Neste post imos traballar con recursos elaborados por persoas moi xenerosas e creativas. Hai tantos e bos recursos! Moitas grazas a todos!
Recoméndovos que non vos perdades ningún e que vaiades en varias sesións. Tedes por diante un fin de semana especial!
Imos comprobar o que sabemos do outono con este excelente traballo feito por AnaMartínez no seu marabilloso blog.



COÑECENDO  A SETAS  
O FROITOS DO OUTONO


Autor: Ceip Frian Teis. Nieves Baños.
PICAR AQUÍ

A FESTA DAS CABAZAS

En moitos sitio celébrase o Samaín. E con el o momento de pasar moito medo!!! É o tempo dos defuntos, das cabazas, das bruxas …
Coñecemos a celebración americana do Halloween. Pero esta tradición foi levada a esas terras polos emigrantes europeos e alí transformouse nun carnaval outonal.

BELÉN JUNQUERA do blogue CASA DE TOLOS (anímovos a visitalo) e ANA MARTÍNEZ (que é a nosa querida amiga) fixeron este libro LIM de personaxes de medo. Para traballalo en galego! Tamén ten un apartado en inglés. 


Do libro “A bruxa regañadentes”, de Tina Meroto e coas ilustracións de Maurizo A.C Quarello e publicado pola editorial OQO, fixeron a seguinte curta de animación.
A escritora escribiuno a partir dun conto tradicional turco-ruso.


PREMER NA IMAXE

A historia conta como tres irmáns que desatendendo as advertencias da súa nai, internáronse nun escuro e misterioso bosque onde todo pode suceder.
O máis pequeno, temeroso do perigo, trata de avisar aos dous irmáns máis vellos, pero acaba por acompañalos.
Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida… 
Se no principio do relato, eran os irmáns máis vellos, os que se burlaban do pequeno por consideralo medorento e cativo, mais  será el quen, co seu inxenio, astucia e intelixencia, tome a iniciativa e supere todos os atrancos.
O conto conclúe cun final positivo que transmite a idea de que é posible superar os atrancos. 

Patricia, do blog  A nosa clase no Otero Pedrayo,  eleborou  unhas fantásticas actividades (BRINCALETRAS) para traballar o vocabulario deste conto.

Non vos perdades o outro conto que nos propón "Fiz o coleccionista de medos" e o seu libro Lim.


PREMER NA IMAXE

Agora, un magnífico traballo realizado por Begoña do colexio CEIP PONCHE DOUS BROZOS - ARTEIXO no seu blog  A XANELA MÁXICA. Entre os moitos recursos que seleccionou podedes pasar un ratiño de diversión cos vídeos alí subidos. Moitas grazas!

XOGANDO COAS BRUXAS

Actividades sobre contos de bruxas.
 Autora: Lupe González.

O  MAGOSTO
Queda unha última celebración. O MAGOSTO. Que sabemos del? Que son os zonchos? Cando se celebra? Que sabemos do castiñeiro? Que é un souto? Ana Martínez  soluciónanos estas cuestións. Moitas grazas!




A  CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

O EDLG do CER Igrexia- Valadares, Vigo (Pontevedra) realizou unha completísima Unidade Didáctica sobre o Magosto. Con información moi variada (vocabulario, contos, frases feitas, adiviñas, cantigas, debuxos…). Moitísimas grazas!


PREMER NA IMAXE

A que fixeron un magnífico traballo? 
En clase intentaremos traballalo case todo. 
Hai tantas actividades... que non sei se teremos tempo abondo!!


Patricia, no seu incrible e creativo blog (Falando enténdese a xente) rétanos a escribir historias de medo. Indícanos os pasos a seguir cuns magníficos recursos. Propóñovos que seguindo as súas indicacións creamos uns relatos terroríficos. Que vos parece?


PICADE NA IMAXE PARA IR AO SEU BLOGUE


4 comentarios:

  1. Estupendo post, Dolores! Moitas grazas por todos os recursos que nos ofreces.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polo teu comentario, Begoña. Estamos a aproveitar moitos dos recursos que compartes. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Dolores, que cantidade de recursos! Vou visitar os que non coñezo que de seguro son fantásticos. Graciñas por incluir os meus. Espero que lles gusten aos teus rapaces. Calquera día destes imos ter que facer un intercambio creativo ou algo así a ver se ao fin nos coñecemos ji ji Unha grande aperta, amiga.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hoxe traballamos cos teus recursos e quedaron abraiados. Teño a seguridade de que non estou ao teu nivel para o intercambio! Non domino as ferramentas básicas e necesarias. Basicamente conto co esforzo e xenerosidade de grandes persoas e excelentes profesionais. O meu mérito é telas encontrado! Sempre serás o meu referente. Ana, moitas grazas por estar aí.

      Eliminar