domingo, 5 de mayo de 2013

COMO É GALICIA I- AS SÚAS PAISAXES


Nas seguintes unidades coñeceremos como é Galicia: as nosas paisaxes, onde vivimos os galegos (aldeas, cidades…), que traballos realizamos…

A nosa Comumidade conta con máis de 2,5 millóns de habitantes. A poboación concéntrase nas cidades (Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Ourense ou Lugo) e  en grandes vilas como Vilagarcia de Arousa (Pontevedra) ou Narón (A Coruña).

Unha parte da poboación dedícase: á pesca (pesca de altura en mares afastados e de baixura na costa, tamén ao marisqueo); á gandería (destaca o gando bovino, o porcino e as granxas avícolas); á agricultura (froitas, hotralizas) e á industria (as principais industrias están en Ferrol, A Coruña, Vigo ou Pontevedra). Pero a maioría traballa no sector de servizos: no turismo, no comercio e  no transporte (terrestre, marítimo ou áereo).

Agora pregúntovos, cal é o voso lugar preferido de Galicia e por que o é.
Esperade a traballar ben o tema e seguramente descubriredes lugares que vos encantaría coñecer e visitar da nosa asombrosa, máxica e incrible terra galega.

Para traballar a paisaxe de Galicia, cos seguintes recursos,  necesitades ter aberto o voso libro no tema 7.

Empezamos coas paisaxes galegas. Pero antes picade nestes recursos. .

Estas son algunhas das aplicacions on-line que podes facer para repasar e reforzar os contidos do tema. Moitas grazas aos autores. 

Fai clic nos títulos ou imaxes e xoga.



VOCABULARIO  XEOGRÁFICO


IMAXE ATOPADA NO BLOG DE Jacobo Fernández Serrano






OUTROS RECURSOS ON- LINE









PREPARANDO UNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS PAISAXES



Moitas veces, nas nosas vacacións ou viaxes, todos quedamos sorprendidos cando descubrimos paisaxes que nos impresionaron. Lugares máxicos e marabillosos.

Despois do día 24 imos traballar en equipos aspectos da paisaxe da nosa Comunidade.
Para que vaiades pensando como organizarvos explico en que consiste este primeiro traballo.

Preparados?
Imos preparar una charla para que os nosos compañeiros coñezan a nosa paisaxe favorita.

. ORGANIZADE OS EQUIPOS. PREPARADOS?

  1- Formade equipos de catro compañeiros. Cada equipo pensa nunha paisaxe que lle guste.

  2- Empezade anotando e escribindo un guión co que queredes contar: título, tipo de paisaxe, elementos no seu relevo, onde o podemos atopar, etc.

. BUSCADE A INFORMACIÓN. LISTOS!

  3- Organizade a información e alguna imaxe ou fotografía. Na oficina Municipal de Turismo de Ferrol pódenvos facilitar mapas e folletos.
  4- Desenvolvede por escrito cada punto do guión con toda a información seleccionada.

. REALIZADE A EXPOSICIÓN ORAL. XA!

  5- Concertar, cos vosos compañeiros de clase e profesores, un día e unha hora para expoñer a información. 
Podedes facer unha copia da vosa exposición para realizar un libriño.

4 comentarios:

  1. Gústame o tema que ides traballar esta temporadiña. É moi bo que coñezan os nosos pobos e as nosas fermosas paisaxes. Os recursos están fabulosos, coma sempre nos tes acostumados, je,je Unha aperta,

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ana, a nós tamén. Entre outras cousas pretendemos ser conscientes da beleza e riqueza do noso contorno e da nosa contorna. Un saúdo.

      Eliminar
  2. Ola Dolores:
    Xa fixen a preparación 2 desta entrada todos os xogos. Gustáronme moito e tamén aprendí. Deixé un exercicio sen contestar da preparación.
    Ata mañá, é que me doe a cabeza...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Laura, mamaiña canto traballache!. Mañá resolveremos as dúbidas. Espero que che pase a dor de cabeza.

      Eliminar