viernes, 19 de abril de 2013

ENCONTRO CO ESCRITOR ANTONIO YÁÑEZ CASAL



Os alumnos  de 4º E.P, o 18 de abril,  asistimos a unha charla-coloquio co escritor ANTONIO YÁÑEZ CASAL despois de ler a súa obra "XOA" (gañadora do Premio Frei Martín Sarmiento). 

Estivemos moi atentos e fixémoslle moitas preguntas sobre o libro. Volvemos ás clases cheos admiración e ledicia, pois o escritor asínounos os nosos libros e regalounos un marcapáxinas.

Imos falar do fermosísmo libro que limos este trimestre. Tamén do seu autor co que tivemos no colexio un encontro.


ANTONIO  YÁÑEZ  CASAL

Nace no barrio do Inferniño de Ferrol, no ano 1959. Boa parte das súas vivencias están tamén ligadas á vila de Cariño, de onde é a súa familia. Está casado e ten dúas fillas e un neto. Agora vive no barrio de Canido.

Gañou en 2006 o VI Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Raíña Lupa con “Viaxe a Libunca”, certame do que foi finalista na edición do ano 2000 con “Don Cosme e o telegrama amarelo”, e na do ano 2004 con “Crisóstomo o alifáfaro”.
Ese mesmo ano conseguiu tamén o II Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Mora con “Lóbez”.
Foi finalista por dúas veces do Premio Merlín de Literatura Infantil, no ano 2005 con “Natasha e Dimitri” (Xerais 2006) e no ano 2009 con “Xoa” (Xerais 2010).
Con "Octavius Augustus" conseguiu o II Premio Abrente para textos teatrais, convocado polo Concello de Ribadavia (2007).
No ano 2012 aparecen nas librarías “Vento galerno” e “A complicada vida de Bieito Viqueira”


O libro de Xoa conta coas impresionantes ilustracións cheas de vida de Rodrigo Chao.


ILUSTRADOR DE XOA
 RODRIGO CHAO
Rodrigo nace o 21 de setembro de 1976 en Boiro (a uns 50 Km de Santiago de Compostela) e reside en Portonovo (Pontevedra). Cursou estudios de ilustración e exerce como tal.
Actualmente realiza talleres de ilustración e retratos por encargo, e ten experiencia no campo da animación.
Tamén ilustrou “Natasha e Dimitri” (Xerais 2006) de Antonio Yáñez Casal.
Picar nas ilustracións de Rodrigo para obter máis información.
          


Pensamos que limos una incríble noveliña, sobre unha xoañiña que ten que amañarse para conseguir sete puntiños.

Publish at Calameo or read more publications.



Gozamos coa lectura, como pensamos que poderán gozar os rapaces maiores e as persoas adultas.
O autor, Antonio Yáñez Casal,  cóntanos a historia cunha linguaxe moi coidada e fermosa. Par nós, que falamos moito en castelán, supuxo que algunhas veces tivesemos que ir ao diccionario.
Pero pagou a pena, comprendemos moi ben a riqueza e a musicalidade do idioma galego!


Publish at Calameo or read more publications.




AS NOSAS FOTOS



Comprobando como nos saiu o seu retrato   


Entregándolle o noso libriño de ilustracións.


As nosas xoaniñas de plastilina


Posando con Antonio

ANTONIO, MOITAS GRAZAS POLO TEU AFECTO  E  SENSIBILIDADE!



TAMÉN . . .
Aprendimos unha cousa que non coñecíamos, os cambios que sofren este tipo de animais. E outras moitas cousas máis destes insectos.
Por exemplo: que é un insecto da orde dos coleópteros, de forma arredondada, con élitros de cores vivas, xeralmente vermellos con sete puntos negros.
Que nós en Galicia temos moitas formas de denominalas: mariquiña, barrosiña , papoia , rirrei,  xoana , papaso, buxaniña , catasol , Santa Teresiña  e algunha máis haberá que queden no tinteiro.

Este simpático aniñaliño recibe diferentes nomes en moitos países:

En España coñecémola como "mariquita o cochinilla". Nos países anglófonos chámase "ladybug" ou "lovebug". En Francia chámanse "bichiños de deus" En Italia apódanas "vaquiñas da nosa Señora"

Nos enlaces seguintes temos explicado o paso e a transformación deste animaliño que acabará por se converter nunha fermosa xoaniña que tanto nos gustan ver e botar a voar, ainda que hai poucas. 
Tamén enlaces a: xogos, cancións, manualidades…



CICLO VITAL DAS XOANIÑAS


TIPO DE ANIMAL 

RECITADOS, XOGOS. . .


MANUALIDADE



10 comentarios:

  1. Dolores, yo también leí XOA y comparto el privilegio, de los niños, de haber tenido a este magnífico escritor "en vivo y en directo".

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ana, yo también creo que es un privilegio. Antonio me comentó que se había sentido muy cómodo. Notó el interés, el respeto y la admiración de los niños.
      A su llegada, le explicamos todo lo que habíamos trabajado (las preguntas que querían hacerle, los trabajos que le habían realizado, su ilusión por la firma…). Decidió cambiar su intervención y comenzamos por las preguntas que le formularon los niños. Se sorprendió por la agudeza y profundidad de muchas. Al despedirse se ofreció a venir en cualquier otro momento.
      Ana, te recomiendo otra de sus obras “Vento galerno”. Dile a tu hijo que me lo recuerde el lunes y te mando el libro.

      Eliminar
  2. Dolores yo también leí Xoa. Creo que debería pasar, inmediatamente, a la categoría de "nuestros cuentos clásicos".Fantástica la iniciativa de este tipo de visitas. Creo que fue una experiencia inolvidable estar "en vivo y en directo" con el autor de un libro que,además,los niños habían tenido entre sus manos y forma parte de su bublioteca de aula.
    ¡Enhorabuena!!!.

    ResponderEliminar
  3. Creo que para los niños fue una buena experiencia antes, durante y después de la visita. Ahora formará parte de su memoria e historia personal.Un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar
  4. Dolores, eu teño que confesar que non o lín pero despois de ler a túa entrada asegúroche que vouno ler, je,je Debeu de ser toda unha experiencia para os peques poder estar ao carón do escritor do libro que tan ben traballaron. Unha vez máis te superas con tan boísima información. Graciñas. Unha enorme aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pode intrerpretarse como unha metáfora da vida; un percorrido cara adiante no que cada día imos superando probas.
      En cada unha das probas nós desexabamos axudar a Xoa para que resolvese os enigmas que lle permitisen ir acadando o aspecto de membro adulto.
      Cantos puntos teremos cada un de nós? Unha forte aperta.

      Eliminar
  5. Ola Dolores. Gustoume moito a entrada e ten uns debuxos preciosos.
    Ahora déichote, ata mañá.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Laura, moitas grazas. Espero que gozases coa visita de Antonio e cos traballos anteriores ao encontro.

      Eliminar
  6. "Vento Galerno" deume tanto que pensar...Sería bo que, de cando en vez, un vento galerno nos levara xunto Herga, para cordinares ,un chisquiño, o tinglado de sectaria realidade, que temos montada na nosa vida tan "lóxica". Xa ves, naquela illa de "tolos" tiñan a capacidade de pelexar por un eclipse de sol( por certo, qué maravilloso recurso!!!).
    Parecéume que o Vento Galerno" envólvenos na dinámica dos cambios e da diversidade á que debemos estar moi receptivos e aprehendela para crecer e renovarnos. Non sei, eu saquei tantas conclusións. Paréceme tan importante este libro...
    Gustóume e admiróume a fluidez que lle da á lectura a riqueza de vocabulario, xunto coa estructura, que fixo que eu, que non domiño case nada o idioma, tivera tanto gusto en leelo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ana, sabía que che ía gustar a novela. Encántame como expresaches a mensaxe que nos transmite Antonio.
      Estou de acordo con que a xente da illa nos transmite unha filosofía de vida ben diferente da lóxica social na que vivimos. Fainos entender a necesidade de cuestionarnos o noso mundo tan ríxido e pouco solidaro. O autor regalanos a esperanza nun mundo mellor. Ademais de poder gozar dunha linguaxe tan rica. Antonio comentounos que sempre escribe en galego pois para el é o idioma no que expresa os sentimentos.Un saúdo.

      Eliminar