lunes, 1 de abril de 2013

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en conmemoración do aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés, autor de contos inolvidables como A Sereiña, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do emperador; o Parruliño feo… e outros moitos contos.
Cada ano un país membro da  Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY ) é o encargado de editar o cartel e transmitir unha mensaxe destinada a todos os rapaces e rapazas do mundo.
Este ano, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan.



A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder ao poema de Pat Mora.


Recordando a Hans Christian Andersen traballaremos con recursos de Lupe González.
“O traxe novo do emperador” podémolo ler como unha crítica da hipocresía da sociedade en xeral e dos políticos de todos os tempos. Como ocorre moi a míudo, neste conto só os nenos son quen de dicir a verdade.


Picar na imaxe

Para coñecer algo da infancia do xenial escritor pulsa na imaxe e investiga.



6 comentarios:

  1. Unha entrada fenomenal, Dolores, para lembrar a un escritor como Andersen. Graciñas polos recursos. Unha aperta e bo terceiro e último trimestre.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Paréceme incrible que empece o último trimestre deste Ciclo! Esperemos acabalo dunha peza!!! Ana, deséxoche un perfecto final de curso.

      Eliminar
  2. Los niños de 4º B3 de abril de 2013, 16:07

    Nos comprometemos a trabajar mucho este trimestre en equipo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estaba convencida que así sería. !Ánimo!

      Eliminar
  3. Laura Pérez Galego.4 de abril de 2013, 19:50

    Hola Dolores, me gustó mucho la emtrada y creo que uno de tus escritores favoritos es Andersen, del es critor que hablas en esta entrada.
    En el coche ,(cuando me subo al coche para ir a cualquier sitio), leo un libro de 201 páginas, lo empecé ante ayer y ya voy por la página 167. Se titula "Mis monstruos amigos" y está genial.
    BUENO...¡HASTA MAÑANA DOLORES!

    ResponderEliminar
  4. Pues has acertado. Me encanta Andersen. Me gustaría que presentarás en clase el libro que lees en el coche. Tiene un título muy sugerente.

    ResponderEliminar