lunes, 11 de marzo de 2013

NO MES DA POESÍA (I)


Especialmente neste mes de marzo descubrimos o máxico mundo da poesía. Este mes no que ademáis, o día 21, comeza a primavera.
Aínda que lemos durante todo o curso poemas, agora que os traballamos especialmente, está gustándonos moito o seu ritmo, as súas rimas. 
Mergúllanos no mundo da imaxinación, dos sentimentos e axúdanos a memorizar. Sorpréndenosfainos descubrir misterios. Nácennos desexos de cantar, debuxar, modelar...

Moitas cousas!  Admiramos a arte da poesía!

Estamos a traballar: con libros de poesía que tiñamos en clase; con cintas de casete de Gloria Fuertes (escoitamos a voz da gran poetisa) e estudamos algúns dos seus poemas; xogamos con recursos interactivos; inventamos e cantamos un rap cunha poesía de Rosalía de Castro (en clase de música) ; estamos a realizar o noso recital de poesías; inventamos as nosas a partir de noso nome; comprendemos que é un verso, unha estrofa ou cales son as característica das rimas.. 
Todo o traballo realizámolo tanto en galego como en español.

Pero moitas cousas quedarannos por facer... Temos moito traballo. Acabar os temas do trimestre, realizar os controis... Xa veremos o que podemos facer e irémolo contando! Comprometémonos a seguir xogando coa poesía á volta das vacacións!

     

O pasado 24 de febreiro cumpríronse 150 anos da publicación da obra de Rosalía de Castro "Cantares galegos".
Para celebralo queremos facerlle unha pequena homenaxe e estamos preparando, na clase de Música, un rap de “Adiós ríos, adiós fontes”.
Tamén achegámonos á súa vida para coñecer a esta gran muller, a súa obra e a importancia que tivo para o noso idioma e para a literatura galega.
Aquí abaixo están algúns dos recursos que nos gustaron moito. Grazas aos autores por compartir os seus traballos!

Rosalía de Castro


CLICAR NA IMAXE
Xogamos con Rosalía en “Flores para Rosalía”
unha actividades LIM da 
Biblioteca A Caracola Tola (Ceip. Alexandre Bóveda).


Do mesmo centro outro magnífico traballo sobre Rosalía e a natureza
“Rosalía en verde”.

PREME NAS IMAXES E SOBE O VOLUMEN NO TEU ORDENADOR.


Actividade Lim sobre a figura de Rosalía realizada polos
alumnos de 3º de E.P e os seus profesores, do 
Ceip Baño- Xanza.


8 comentarios:

  1. Que ben traballáchedes a Poesía!!!! Nos seguimos coas de Gloria Fuertes. Tédesnos que amosar as que fixéchedes vos. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estamos niso. Traballando con Rosalía. Con Goria Fuertes aínda non empezamos. Queremos ir moi amodo. E como xa fixestes vós todo o traballo…Je, je!! Témolo moi fácil. É imposible igualarvos!!! Unha forte aperta.

      Eliminar
  2. Hola Dolores, a mi no me funciona nada de rosalia; Rosalia en verde ni flores para Rosalia.

    ResponderEliminar
  3. Hola, Claudia. He comprobado si a mí me funcionaban y te diré que perfectamente. Prueba más tarde y ya me comentarás. !Buen fin de semana!

    ResponderEliminar
  4. ¡Qué bien!. Dolores, dedicar un monográfico a la poesía es un lujazo que tenemos que aprovechar, simplemente por el placer que supone, además de aprender a captar la sensibilidad y manejar recursos para cualquier otro tipo de lectura. En un verso puede haber dos,tres... recursos literarios; así que después de este tipo de entradas tendremos la oportunidad de, además de disfrutar, enfrentarnos a cualquier tipo de texto y estilo, exprimiendo la lectura al máximo.
    Otra vez, muchas gracias.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ana, mi objetivo se basa regalar un mundo nuevo al niño. Solamente pretendo iniciarles en el mundo de la poesía. Sin estudio de recursos literarios.
      Me encantaría poder ofrecerles la poesía como un obsequio y que a través de ella sientan la sensibilidad de las palabras que pueden volverse mágicas. Que les despierte sentimientos, emociones, imágenes. Que desarrollen su curiosidad, imaginación y creatividad…
      Fomentar a través de la poesía valores sobre Educación ambiental, Educación para la igualdad de oportunidades de ambos sexos, Educación para la Paz, Educación moral y cívica para el respeto a nuestros mayores…
      El niño debe aprender a disfrutar desde pequeño con ella. Debemos conseguir que poesía no sea sinónimo de aburrimiento o de minorías un poco extrañas.
      Eses son mis objetivos… ¡pero las circunstancias y mis limitados conocimientos ya dirán lo que se logra!
      Ana, muchas gracias por tu entusiasmo y comentario.

      Eliminar
  5. Dolores, volví a probar lo de rosalía y sigue sin funcionarme.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Clasudia, prueba de la siguiente manera.Pulsando en la imagen te manda a la página de caracolata.Pulsa en la parte superior derecha (pantalla completa), en los libros Lim de Xogando con Rosalía y Rosalía en verde.

      Eliminar