sábado, 9 de febrero de 2013

A FUNCIÓN DE RELACIÓN E O APARELLO LOCOMOTOR



Esta unidade de Coñecemento do Medio pretende transmitir a idea xeral de que todos os órganos, sistemas e aparellos implicados na función de relación, traballan conxuntamente para levar a cabo esta importante función.
Despois de estudar moito somos capaces de entender a función de relación como o resultado do traballo conxunto que levan a cabo os órganos dos sentidos, o sistema nervioso e o aparello locomotor para relacionarnos coa nosa contorna.

Mais o realmente importante e pór en práctica hábitos de vida saudables relacionados cos órganos, aparellos e sistemas relacionados con esa función. E tamén comprender a importancia que ten a práctica dalgún deporte na nosa saúde e para a nosa socialización, especialmente en aqueles deportes que se xogan en equipo.
A responsabilidade no coidado da saúde dá sentido ao estudo que propoñemos do corpo humano. Non importa tanto o funcionamento senón o mellor funcionamento e o mellor coñecemento de nós mesmos e da interiorización de actitudes de prevención.
Con toda a información que está ao voso alcance é a vosa responsabilidade atender ás recomendacións dos maiores e transformala en hábitos de vida saudables.
A noso obxectivo  é que poidamos incorporar a información que procede da nosa experiencia en relación aos órganos dos sentidos, ao aparello locomotor, ao sistema nervioso e aos hábitos de vida saudable transformándoa en coñecemento propio.

Non nos deberán pasar por alto as diferenzas, as minusvalías ou as enfermidades. Debemos observar, aceptar e entender esas realidades que padecen moitas persoas.

   

Agora podedes ir as seguintes preparacións do control.

Pulsar nas imaxes.

NOS  XOGO OLÍMPICOS 

E  PARALÍMPICOS

A   FUNCIÓN   DE   RELACIÓN  E 

O  APARELLO  LOCOMOTOR

ENTENDEMOS MOITAS COUSAS




       


Para xogar:

A   FUNCIÓN  DE   RELACIÓN

O  CORPO   HUMANO   EN   MOVIMENTO


O CORPO HUMANO- TODO ORGANIZADO

4 comentarios:

  1. Dolores me encantan las imagenes




    un beso

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. !Gracias, Arai! !Espero que el contenido también!! Feliz descanso

      Eliminar
  2. Unha entrada fabulosa tanto polo contido como pola presentación. Sempre atopas unhas imaxes preciosas. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ana, moitísimas grazas. Tanto o contido como as imaxes son o resultado de moito tempo e paciencia.!O importante é que ambos resulten atractivos e interesantes para os nenos!! Unha aperta.

      Eliminar