miércoles, 26 de diciembre de 2012

OS INVENTOS NA IDADE CONTEMPORÁNEA


Ilustración de Jane Dyer

Recordades que vos propuxen realizar un traballo sobre a Idade Contemporánea? Como non puidemos traballar moito a unidade 15 de Coñecemento do Medio falamos en clase que investigaríades e presentaríades un traballo á volta das vacacións.

Dende que a humanidade inventou a roda ata os nosos días pasaron miles de anos e non se parou de inventar cousas; e diso vai o traballo que vos propoño.

Os inventos son creados polo ser humano co fin de cubrir algunha necesidade.
Imaxínate hoxe en día, sen a electricidade ou sen que a auga chegue á túa casa, sen libros, sen teléfono, sen televisión, sen cine, sen ordenador, sen medicinas....
Grazas a persoas como: Thomas Alva Edinson (lámpada), Grahall Bell (teléfono),  Alexander Fleming (penicilina), Laszlo Biro (bolígrafo)... podemos gozar de todo o que temos ao noso alcance.

Aumenta os teus coñecementos, investigando sobre os inventores e o seu inventos! Inventos e inventores posteriores ao comezo da Idade Contemporánea (despois de 1789).

             

Recordamos os vosos compromisos.
- O traballo presentarase en lingua galega.
- Entregarase durante a segunda semana do mes de xaneiro do 2013.
- Atenderase á presentación do traballo tendo en conta:
   . Que se pode facer a man ou a máquina.
   . Non debe ser moi extenso (un máximo de seis ou oito páxinas).
   . Non consiste en COPIAR e PEGAR de Internet.
   . Poñer soamente aquilo que se comprenda.
  . Debe ter os seguintes elementos: portada, título, índice, numeración de páxinas, debuxos ou imaxes, nome, data, bibliografía (enciclopedias, direccións web...).
                         Seguro que nos sorprenderedes!


            

Aquí vos deixo algúns recursos por se vos serven de inspiración e que vos achegan ao mundo dos inventos e dos inventores.


     A ORIXE DAS COUSAS

Ilustración de Edart 
Picar na imaxe.

UN INVENTO PARA CADA DÍA
No magnífico blog de Marifé (RECURSOS PARA  NUESTRA CLASE) encontrei este enlace no que se explica un invento para cada día.
Nesta aplicación atoparás un calendario cos inventos do día. Verás unha pequeña historia dalgúns inventos que cambiaron a nosa forma de vida.
Esta magnífica aplicación foi eleborada por Julián Trullenque, Do CEIP Mariano Castillo (Villamayor) e recollida na web de educared.


Ilustración de Nancy Wolff.
Picar na imaxe.

CIENCIA  E  GRANDES  INVENTOS


Ilustración de Edart -Ed can der Joek-
Picar na imaxe.

COM FUNCIONAN  AS  COUSAS
David Macaulay  é un inglés que dende moi novo se interesou no funcionamento de diversos obxectos e mostrou un talento excepcional para crear mecanismos de movemento a partir de elementos sinxelos (como o caso dun ascensor construído con paquetes de cigarro, cordas e fita adhesiva).
Por iso en 1988 escribiu un libro cuxo personaxe principal é un mamut que explica o funcionamento de diversos inventos "Como funcionan las cosas". Despois esta serie de libros transformouse nun software interactivo.
Aquí deixo un enlace a varios vídeos da serie animada, baseados no libro de David McCaulay.


Ilustración de Edart -Ed can der Joek-
Só tedes que pinchar na imaxe.


                            

Ilustración de Marie Cardouat

FELICES  VACACIÓNS  D NADAL!!!


4 comentarios:

  1. Dolores tengo una duda sobre el trabajo tiene que ser de seis páginas me va a ocupar cinco.Me ha encantado la entrada.

    ResponderEliminar
  2. Hola Alba, seguramente me expliqué muy mal. El trabajo pude ser de cinco páginas. Yo os propuse que no pasara de seis u ocho para poner un límite.
    Ya me está entrando la curiosidad por saber de qué invento e inventor trata tu trabajo. ¿Has encontrado alguna dificultad?
    Me alegro mucho que te haya gustado la entrada, ¿el contenido y sus recursos? ¿las ilustraciones?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. No no te explicaste mal a lo mejor fue que no lo comprendí muy bien no pero he escogido las fotos más bonitas que encontré, y yo he decidido hacerlo de dos inventos. NO no tuve ninguna dificultad gracias a la ayuda de papá y mamá. Me ha encantado todo y sus imágenes. Feliz navidad y año nuevo Dolores.

      Eliminar
  3. Alba, estaba segura que no encontrarías ningún obstáculo.Yo te deseo lo mejor para el 2013 (especialmente que no te fractures algo nuevamente). !Que los Reyes Magos te llenen de ilusión! Saludos a tu familia.

    ResponderEliminar