viernes, 28 de diciembre de 2012

A NOSA OBRA DE TEATRO DO NADAL E FELIZ 2013


O pasado xoves 20 de decembro celebramos o Nadal con toda a comunidade escolar. Invitamos aos pais para que fosen espectadores da nosa obra de teatro "Un nacemento moi especial" e para que escoitasen as panxoliñas dos nosos compañeiros.

Temos que recoñecer que durante as semanas anteriores á representación o pasamos moi ben. Ademais portámonos fenomenal (coméntano as nosas profesoras) e convivimos moi felices e sen problemas os dous cursos. Foi unha experiencia incrible!



Pero centrámonos no xoves. Ese día pasámolo de marabilla! Tivemos unha xornada especial. Pola mañá actuación para os nosos compañeiros e pola tardiña para os pais.
Todo saíu “requetebén” e dixéronnos que somos uns auténticos profesionais no escenario!!!

Por suposto, queremos felicitar a profe XANDRA, que traballou tantísimo coas nosas titoras.
Por último damos as grazas aos compañeiros doutros cursos que xenerosamente colaboraron co vestiario e a decoración.
Tamén ao profe ALBERTO HERMÁNS que montou a música.
Ás  PROFES de  E. INFANTIL  pola preparación do escenario.
E finalmente ás familias que estiveron connosco nun día tan especial.

Recibimos moitos parabéns pola nosa orixinalidade e creatividade!!!!
Agora unhas fotos da preparación e da actuación. Cremos que na web do colexio subirán máis fotos e o vídeo.


PICAR NA FOTOGRAFÍA




“Canción de Navidad” de Charles Dickens, ilustrado por Roberto Innocenti y editado por Kalandraka.


É Nadal, tempo de ilusión, adornos, agasallos, bos desexos... e solidariedade.

Á volta das festas formulámonos unha actividade que, partindo dun clásico como é o conto "Canción de Nadal", de Charles Dickens (1843), faranos reflexionar e permitiranos colaborar, ao longo de 2013, na consecución dun mundo mellor.
          Benvidos ao 2013: Proposta dunha aula solidaria!


Ilustración de Mariusz Stawarski
Solidariedade máis alá do Nadal
PREMER NA IMAXE

Se queredes ler máis sobre este clásico deixámosvos un enlace ao blog de  Biblioabrazo  que volo salienta estupendamente. Premer na imaxe





¡FELIZ 2013!

Con esta imaxe da xenial SILVITA BLANCO  desexamos a todos


4 comentarios:

  1. Con lo buen artistas que sois, eguro que os salió una obra fenomenal. Ya nos contaréis todo lo que hacéis con Cuento de Navidad, seguro que nos sorprenderéis como siempre. En cuanto al 2013 yo también os deseo un año cargado de nuevos proyectos e ilusiones en el que todos vuestros sueños se hagan realidad. Un gran abrazo y FELIZ AÑO NUEVO.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Realmente hay artistas para para un tren! Es cierto que el 2013 viene cargado de proyectos, de ESPERANZA y mucha ILUSIÓN. ¡La utopía, bien entendida, no puede faltar! Con los ingredientes anteriores confiamos que los SUEÑOS se hagan realidad. ¡Muchas gracias por estar siempre apoyando! Ana, un fuerte abrazo.

      Eliminar
  2. Sensacional el festival de Navidad que hemos tenido y disfrutado todos; pero creo que la escenificación del Nacimiento fue magistral tanto por la puesta en escena, como por los artista que tan bien han sabido transmitir el verdadero mensaje de la Navidad.
    Muchísimas gracias. Ana

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ana, tienes razón al decir que la actuación de los artistas fue MAGISTRAL. Respondieron (al reparto de papeles, vestuario, ensayos, decoración escenario…) con mucha responsabilidad y generosidad.
      Muchas gracias por tus comentarios.
      Deseo que el 2013 venga cargadito, para ti y los tuyos, de sueños e ilusiones cumplidas. Un fuerte abrazo.

      Eliminar