martes, 4 de diciembre de 2012

A CONSTITUCIÓN E OS DEREITOS HUMANOS


Hai unas semanas estivemos a traballar sobre os Dereitos da Infancia, que se celebrou o 20 de novembro.
O día 6 de decembro celebraremos todos os españois o Día da Constitución e o día 10, en todo o mundo, o Día dos Dereitos Humanos. 
Nesta entrada non quero deixar de reflexar a importancia das últimas celebracións. Nestes momentos temos certas dificultades para traballar polo miúdo a Constitución e os Dereitos Humanos. Así e todo, algo faremos!
Se se vos esperta a curiosidade, aquí déixovos uns sinxelos recursos que vos explican os significados desas conmemoracións. Así poderedes entender o que escoitaredes na televisión ou comentarán os maiores estes días.


A Constitución española podería parecer que non é o contido para nenos da vosa idade (realmente é un documento extenso e complexo). Non obstante, si que resulta necesario que dende pequenos sexades conscientes da súa existencia e importancia.
A Constitución Española foi aprobada en referendo polo pobo español o 6 de decembro de 1978. Desde ese ano, celébrase este día como festivo en todo o territorio español.
Nela recóllense os dereitos e deberes dos cidadáns españois e é o conxunto de normas que regulan a convivencia e a participación na vida de todos os españois.


O 6 DE DECEMBRO É O DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
Páxina moi interesante. Podedes ir aos distintos apartados: os meus aniversarios, a organización territorial, coñece os teus dereitos, diccionario…
Non dubidedes en picar en Dicionario sempre que teñades dificultade na comprensión dalgunha palabra.
Celébrao xogando na web de alumnos da Xunta de Castela e León.

     

O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Desde entón conmemórase este día para lembrar que todos os seres humanos nacemos libres e iguais en dignidade e dereitos.
A importancia dos dereitos humanos reside en que son o fundamento para a liberdade, a xustiza e a paz no mundo.
Os dereitos humanos aplícanse a todas as persoas do mundo, sen importar nacionalidade, o sexo, a relixión, a lingua, a orixe étnica ou calquera outra condición.


OS DEREITOS HUMANOS- UNHA AVENTURA FASCINANTE
Este material educativo presentado pola Organización dás Nacións Unidas, está orientado para presentar aos nenos ás claves básicas dá Declaración dos Dereitos Humanos. O xogo  realizouse en Guatemala.
Chito, o personaxe que nos vai guiar por todo o poercorrido, móstranos como malia que temos semellanzas e diferenzas cos outos, todos temos os mesmos dereitos.
Despois da introducción pasamos a un menú cunha serie de minixogos diversos. Con cada xogo completado daremos un paso máis no percorrido para converternos nuns campións dos Dereitos Humanos.

9 comentarios:

  1. Dolores nos tenias que decir lo de la pagina de cía maría. Me han encantado todos los juegos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alba, me alegro que la nueva web del colegio te vaya bien en tu ordenador. ¿A qué están chuli los recursos? Ya me comentarás si has pasado bien los diferentes juegos de "Una aventura fascinante".

      Eliminar
  2. Non me extrana nada que non vos dea tempo a traballar o tema polo miúdo porque polo menos nos na nosa clase andamos ... eu creo que a mil por hora. Comeza a conta atrás e hai moitísimas cousas que facer. Isto dos finais de trimestre son agotadores. Nós este venres facemos ponte así que falaremos un pouquiño a vindeira semana pero sin profundizar moito no tema. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ana, odos, profesores e nenos, andamos moi atarefados. Eu intentarei levalo o mellor que poida, organizándome e gozando destas máxicas datas para os nenos. Pero realmente quédame a mágoa de non ter traballado moito a Constitución. Considero que, neste tema, hai un baleiro no noso currículo.Unha aperta.

      Eliminar
    2. Eu intentarei organizarme un pouco mellor o ano que ven para ver si me da tempo a traballalo polo menos a semana anterior. Un biquiño.

      Eliminar
  3. Hola Dolores, por fin puedo entrar en el blog, estoy intentando hacer todo lo que has puesto

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nacho, !me alegro un montón! !Muchas felicidades por tu interés y esfuerzo!

      Eliminar
  4. XA TEÑO O DIPLOMA DE DEFENSOR DOS DEREITOS HUMANOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Carlos, non esperaba menos de ti. Moitas felicidadessss! Es tamén un campión da curiosidade e do esforzo! Felices e tranquilos sonos.

      Eliminar