martes, 6 de noviembre de 2012

"A COR DA VIDA" J. GONZÁLEZ COLLADO


A cor da vida
Achegámonos, o luns 5 de novembro, ao Centro Sociocultural Novacaixagalicia  para ver e aprender coa exposición “A cor da vida” do pintor ferrolán J. González Collado. Que xenial título para a exposición!

Recibiunos Irene, que nos fixo unha primeira pregunta, que cousas non se poden facer nun museo? Evidentemente respondémoslle: correr, tocar os cadros, berrar, sacar fotos...
A continuación deunos un número a cada un (do un ao cinco) e fixemos cinco grupos. Aquí tamén imos traballar de xeito cooperativo!
Cada equipo recibíu un caderno e un lapis. O libriño estaba dividido en fichas para as diferentes salas e plantas do edificio. Había varias preguntas, comentounos que terían unha puntuación. Así o equipo que máis puntos lograse conseguiría como premio distribuir as actividades que logo realizaríamos no taller.

Aquí poñemos algunhas páxinas web que nos mostran a obra de Collado. Nelas encontraremos a súa biografía, as súas ilustracións, os seus murais, os seus óleos, as súas acuarelas,os seus debuxos… e moitas cousas máis.
Aos seus 80 anos segue traballando no seu estudio de Canido.



PICAR NAS IMAXES.
BUSCAREMOS NA SÚA GALERÍA FOTOGRÁFICA AS OBRAS QUE VIMOS. 
AÍNDA MELLOR, PODEMOS VOLVER  A VISITAR A EXPOSICIÓN!




       

PLANTA I
Aprendemos que os cadros desta sala estaban pintados con acuarelas e que trataban catro temas.
- Escenas de costumes. É dicir escenas con personaxes en situacións da vida cotián. Como "A feira de Betanzos" ou "Mozos".
- Paisaxes. Entre outros cadros vimos "Ría de Ferrol" ou "Peirao da Graña".
- Bodegóns. "Cesta de pan" ou "Tea e cacharros".
- Nus. "O espello dourado" ou "Harén pombas".

Empezamos a entender como trata Collado a profundidade nas súas paisaxes. Faino pintando o primeiro plano con cores escuras e no fondo emprega cores máis claras. Como en “A praia dos curas”.


Ademais observamos como crea un punto de fuga a partir do cal se dispoñen os demais elementos do cadro. Un exemplo é o óleo Paseo de Ferreira”.


PLANTA II

Os cadros que vimos nesta planta pintounos con óleo. Tiñan un único tema que era a música. Os seus personaxes eran reais. Algúns cadros como:Gaiteiro vermello, Gaiteiro a caballo, La juerga, El coro”, Partitura caída, “Orquesta de cámara”, “El solista”, “El violín”, “Orquesta sinfónica”.

El violín
La juerga

SALA IV

Fermosos cadros tamén nesta sala. Son retratos de grupos de persoas sinxelas. Chamounos a atención que os seus rostros non estaban debuxados. Collado quería destacar as súas mans. Tamén e segundo el mesmo di "Para o que hai que ver, prefiro non pintalos”.
Algúns destes cadros:As desfolladoras”, “O encontro”, “Pescantinas”, “Jugadores al tute”, “Xantar”, “El arlequín verde”.

Sorprendeunos un cadro diferente que estaba pintado con cores máis fortes, era o que tiña por títuloMendigos”.

Gústanos a luz que hai na súa obra. Encántanos a pintura deste artista ferrolán!!!
A figura, a paisaxe, o retrato, o bodegón, nus femininos, paisaxes mariños e rurais, gaiteiros, mendigos e arlequíns son algúns dos temas na súa obra. 


NO TALLER



Cada grupo traballou moito para facer a nosa achega á arte. Uns coloreamos, intentando dar sensación de movemento; outros fixemos unha colaxe... Continuamos na clase.



  

Realmente aprendemos moito, descubrimos un pintor xenial e demostramos que sabemos traballar moi ben en equipo. Que máis se pode pedir para unha mañá de luns? Pois claro, agradecerlle a Irene o ben que nos explicou todo! Moitas grazas a Irene! 

4 comentarios:

  1. A obra que deume mais pena foi os mendigos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Carlos, enténdote. Polo tema e as cores que emprega o artista é normal o teu sentimento. Iso quere dicir que Collado fixo unha magnífica obra.

      Eliminar
  2. Despois de ler a vosa entrada case me parece que eu tamén estiven alí con vos, je,je Seguro que foi unha experiencia fantástica. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ANA, REALMENTE FOI UNHA MAGNÍFICA EXPERIENCIA DE APROXIMACIÓN Á PINTURA. OS NENOS TRABALLARON E GOZARON MOITO. MOITAS GRAZAS. UN BIQUIÑO.

      Eliminar