viernes, 16 de noviembre de 2012

20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS

Imaxe atopada en aulatic-terradeferrol
Os nenos de 4º, queremos reflexionar e traballar, dun xeito especial nestas semanas, sobre a Convención dos Dereitos do Neno.
Dende que o 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas (O.N.U) aprobara a Convención, quedou esa data como o Día Internacional dos Dereitos do Neno. Agora imos recordar os seus dereitos, que non en todo o mundo se cumpren. Comezamos!


Contos, cancións, vídeos, debuxos animados... sentádevos comodamente e gozade aprendendo cales son os dereitos de todos os nenos do mundo.  Ana, déixanos un magnífico GlogsterNon deixedes de ir a “Xoga e aprende con UNICEF” 



Tamén este vídeo. Para ver, reflexionar e cantar.



 
Dereitos dos Nenos comentados por Mafalda.





Un sinxelo traballo para facer realidade un soño… que todos os nenos do mundo teñan unha escola!



Reflexionamos moito sobre os nosos dereitos pero... cales son os nosos deberes? Imos realizar unha pequena avaliación de todo o que aprendemos. Pulsade na imaxe.



 
Especialmente estes días lemos os contos da colección “Os Dereitos do Neno e da Nena” (de Baía Edicións), que temos na nosa biblioteca de aula.  Están dirixidos ás nenas e nenos de educación infantil e primaria, e comprenden unha diversidade de temas relacionados cos apaces e os seus dereitos.


 

PREMER NA IMAXE



Queremos recordarvos que no noso blogue hai un acceso directo a Rayuela. Preguntádesvos quen é ?

Segundo a presentación da propia ONG.
“Hola soy Rayuela, la página Web de los Derechos de los niños y las niñas, es decir sobre aquellas cosas que necesitáis para tener una vida sana y feliz. Cosas tan importantes como los abrazos, las sonrisas, la merienda, los cuentos, las bufandas en invierno, bañarse en el río en verano, un parque donde jugar, los amigos…
Nací en 2003, en la Liga Española de la Educación y la Cultura Popular una ONG en la que trabajan personas para tratar de conseguir un mundo más justo. Me trajeron al mundo para que los niños y las niñas podáis conocer vuestros derechos pero también para que podáis expresar lo que sentís, lo que os gusta, lo que no… Porque lo más importante de todo es que sepáis que los niños sois protagonistas de vuestra vida”.



4 comentarios:

  1. Muy buenos recursos para trabajar un día tan importante. Nosotros también lo trabajaremos la semana que viene. Estoy acabando de prepararles algún material. Un beso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ana, lo ideal sería no tener que celebrar este día (pues los derechos humanos y de los niños fuesen una realidad). Espero tu nueva entrada, que seguro será magnífica. Un abrazo.

      Eliminar
  2. Fixome moita gracia Mafalda! Sobre todo a viñeta número 3!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Carlos, xa nos comentarás o que interpretaches das magníficas viñetas de Mafalda.

      Eliminar