domingo, 10 de junio de 2012

A VELLA LULULA E ...


A Vella Lulula
“A Vella Lulula” xa chegou á TVG, que a subiu á súa web na sección de series infantís.

Os profes do Equipo de Dinamización Lingüística e os nenos do CEIP A Lama (Pontevedra) crearon esta MARABILLOSA e IMPRESIONANTE  curta de animación presentada no concurso “Nós tamén creamos” da Secretaría Xeral de Política Lingüística, OQO e a Televisión de Galicia.

O 14 do mes de maio a TVG emitiu unha reportaxe no programa A Solaina , na que recolleron a marcha da rodaxe da súa curta de animación .
Aquí vai un corte do programa no que podemos ver como foi o traballo. 

Un traballo magnífico! Os nosos parabéns!
   



O conto da editorial OQO editora
Lulula enxaboou e refregou
o seu camisón de algodón,
a súa bata de seda,
as medias de punto,
a súa saia de pana,
a súa blusa de liño,
o mantón de la,
e as súas luvas de felpa.
Aclarouno todo con auga, mirou ao ceo…
e torceu o bico:
estaba a piques de caer unha boa treboada!

Un divertido conto acumulativo cheo de fantasía. O número sete (pezas da súa coada, sete personaxes que viven no patio, sete cores do arco da vella) está moi presente neste relato.
A vella Lulula decide lavar a roupa e colgala a secala no patio, a pesar do agoiro de tormenta. Voces misteriosas do seu xardín e que aparentemente proceden da cerdeira, o patinete, o sacho, o pozo, o balancín e ata do seu papagaio e do seu can, intentan disuadila.


     

No mes de abril Xabarín  estivo de cumpreanos!
Nestes 18 anos, o porco bravo máis famoso de Galicia, foi un dos programas con máis éxito na historia da TVG. 
O galego é mundialmente coñecido polo Xabarín Clube, programa que ofrece moitas series de animación dobradas ao nosos idioma.

Desde o EEI Monte da Guía e o CEIP Sequelos de Marín iniciouse un proxecto para conmemorar o seu aniversario. Nel atoparedes música, vídeos, xogos….
Todos queremos agradecer a súa aportación á lingua galega. Os nosos parabéns!


XABALIM


Páxina oficial do Xabarín Club

    

Un conto moi coñecido para aprender que é iso da ópera!!!

Tamén aprenderemos inglés!

Recordando a nosa excursión a Aldea Nova, seguimos aprendendo das abellas.  Agora co conto "O conto da abella Ceci"

     

A GRANDE VIAXE
"Algún día, quizais dentro de pouco, construirei un barco moi grande; que flote como os barcos e tamén voe como os avións, aínda que non sexa máis que un barco; que se desprace sobre a terra e baixo a auga, como se dun barco rodante se tratase, ou dunha nave submarina"…



MOITAS GRAZAS A TODOS OS  QUE COMPARTEN OS SEUS MARABILLOSOS TRABALLOS!!!

12 comentarios:

  1. Parabéns, Xabarín

    ResponderEliminar
  2. Dolores me gusto moito o conto da grande viaxe.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estou feliz que así sexa! ” Os Contos do camiño” son diferentes pero dunha grande calidade.

      Eliminar
  3. haber si convences a Pamela de que ponga algo en su blog.

    Inés; la hermana de Chloé.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. !QUÉ SUERTE TIENE CHLOÉ DE CONTAR CON UNA HERMANA MAYOR QUE LE ACOMPAÑA PARA APRENDER Y JUGAR!

      Eliminar
  4. A Ines y a mi nos gusto mucho el juego de Hansel and Gretel.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. !ME ALEGRO MUCHO! ESTOY SEGURA QUE CON LA AYUDA DE TU HERMANA INÉS LO HAS DISFRUTADO MÁS.

      Eliminar
    2. si graciaas a mi hermana me e dibertido.Dolores gracias por ponernos juegos en el blog.

      chloé

      Eliminar
    3. ¿Te has divertido? De nada. También intenta concentrarte mucho en clase.

      Eliminar
  5. Somos do clube da galega ¡Por fuciños!¡Por cacheiras!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. !Alégrome moito! Agora a falar moito galego.

      Eliminar