viernes, 1 de junio de 2012

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 5 DE XUÑO
 DÍA DO MEDIO AMBIENTE
IMAXE  DE ADEGA 

O día 5 de xuño foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como Día Mundial do Medio Ambiente.

O Medio Ambiente inclúe aos seres vivos, obxectos, auga, solo, aire e as relación entre elas. É o conxunto de elementos relacionados que rodean á poboación e que lle brindan sustento e refuxio.

Xa sabemos que moitas das nosas actividades cotiás teñen un impacto negativo sobre o medio e o noso entorno. Nós queremos aplicar diariamente comportamentos respectuosos co coidado do medio ambiente.

En clase estamos a facer as nosas ECOPROPOSTAS que logo reflexaremos na tarefa que titulamos…

O planeta nas nosas mans!


1. En clase enumeramos, a modo de tormenta de ideas, accións que poden contribuír a reducir a contaminación, o gasto enerxético excesivo, o mal uso da auga, a reciclaxe dos nosos xoguetes… ….. As frases fóronse anotando e quedaron algunhas como estas: Apaga as luces que non necesitas. Separa os residuos para poder reciclalos ….

2. Cada neno eliximos unha ou dúas frases relacionadas co coidado do medio ambiente e copiamolas  no interior de cada unha das mans que posteriormente recortamos e coloreamos.

3. Unha vez feito o traballo individual, construiremos unha cadeneta con todas as da clase, uníndoas polos dedos, para colocalalas nas paredes da clase.

PREMER NA IMAXE
ECOPROPOSTAS PARA… UN BO USO DA AUGA


PREMER NA IMAXE
ECOPROPOSTAS PARA… UN BO TRATAMENTO DO LIXO


PREMER NA IMAXE
ECOPROPOSTAS PARA…UN BO USO DA ENERXÍA

PREMER NA IMAXE
UNHAS ACTIVIDADES MOI ESPECIAIS




ALGUNHAS DAS NOSAS MANS PARA 
O MEDIO AMBIENTE

PULSAR NA IMAXE




Na entrada do sábado 31 de marzo (Conmemoracións) recomendábavos a película Lórax, en busca da Trúfula Perdida. Como se estreou en marzo, teño que decatarme se xa está en vídeo.
Despois deste anuncio quero comentarvos algo que vos pode interesar. A película está baseada no libro infantil do escritor norteamericano Theodor Seuss Geisel (1904-1991), máis coñecido polo seu nome artístico Dr. Seuss.

O Dr. Seuss era moitas cousas: escritor, publicista, debuxante, poeta (escribía os seus libros en verso, o cal dificultaba a súa tradución), ecoloxista...

En Hollywood leváronse ao cine outras obras súas como: O Grinch ou Horton e o mundo dos Quién.


Os críticos de cine comentan que estas películas non transmiten a sensibilidade, nin a imaxinación que teñen as historias orixinais do escritor. É dicir que son mellores os libros do Dr. Seuss!

Eu non encontrei as editoriais españolas ou galegas que puidesen publicar as súas obras. Pode ser que traducir os seus libros non sexa doado, pois escribía en verso e adaptar as súas rimas e o seu estilo de escritura é un reto.

Encontrei na rede El Lorax del Dr Seuss (libro para nenos escrito publicado por primeira vez en 1971, e cuxo título orixinal é The Lorax).
Podedes ir ao libro pulsando na imaxe que vén a continuación.


Para ter máis información do libro pulsade no seguinte enlace..
PARA SABER MÁS

A mensaxe da película e do libro pode ser que nos achegamos a unha sociedade artificial, esquecéndosenos da natureza. Pero a vontade dunhas persoas, sen importar o difícil que sexa o camiño, garante que se logre o éxito. Neste caso salvar o bosque e a calidade de vida das persoas e do resto de seres vivos.

Que pensades vós?



deixou estes magníficos recursos.

PREMER NAS IMAXES
ABREN MELLOR CON MOZILLA





Por hoxe este é o último recurso, un xogo da axencia Europea do Medio Ambiente para comprobar si eres responsable co noso planeta.


PREMER NA IMAXE



      


2 comentarios:

  1. Carlos Rodríguez2 de junio de 2012, 17:59

    ¿No dijiste en clase que ibas a poner algo de Lorax?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En la entrada del sábado 31 de marzo (Conmemoracións) os recomendaba la película Lórax, en Busca de la Trúfula Perdida. En clase os pregunté si habíais ido a verla al cine. Como se estrenó en marzo, tengo que enterarme si ya está en vídeo. Si es así la veremos en clase. El mensaje de la película puede ser que nos acercamos a una sociedad artificial, olvidándonos de la naturaleza. Pero la voluntad de unas personas, sin importar lo difícil que sea el camino, garantiza que se logre el éxito. En este caso salvar el bosque.

      Eliminar