jueves, 14 de junio de 2012

AVALIACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA


Achégase o remate de curso e imos facer unha avaliación da nosa biblioteca de clase.


Decidimos que non imos destacar aos máis lectores, nin aos que máis libros trouxeron á biblioteca.
Consideramos que non participamos nun concurso. Cremos que á lectura non nos debemos achegar por obriga, que se debe gozar con ela.

A maioría de nós lemos uns 8 libros por trimestre!
Tamén algún comprobamos que non nos aproximamos moito á biblioteca!

Debémonos felicitar pois todos os libros se coidaron moito, divertímonos, aprendimos e compartimos lecturas!!!
Tamén respectamos as normas básicas que nos propuxemos. As recordamos.


 PREMER NA IMAXE.

Estamos de acordo coas razóns que Victoria encontrou para ler.

( Victoria Fernández- Revista CLIJ)

      
Chega o momento da despedida. Recoméndovos este libro “Contos en cantos”.
De Almudena Janeiro
20 €/978-84-9871-047-2
Libro + CD + DVD 

Encontraredes moitas cancións a partir dos contos de OQO (A princesa do Caurel, Paco panpán, Corre corre cabaciña, Chocolatada…).
 A editorial OQO e Almudena Janeiro convirten en canción doce historias desta editorial que publicou “Contos do camiño” que traballamos este curso.
Este libro-CD-DVD pretende que nos acheguemos a outras culturas a través do idioma galego.
Conta con moitos recursos: karaoke, xogos, dramatizacións, danzas sinxelas…
As cancións están interpretadas por Almudena Janeiro, acompañada por frauta, guitarras, cascabeis…

 PREMER NA IMAXE.

Aquí deixamos, para facer boca,  a canción “Chocolatada” de Almudena Janeiro, a partir do álbum de Marisa Núñez e Helga Bansch   Disfutádea!
Cunha hipopótama, cuns velliños, cun elefante gris con lunares morados, cunha formiga negra… percorreredes o mundo contando trece contos de diferentes lugares e cantando: bossa nova (Brasil), sirtaki (Grecia), tango (A Arxentina), rock & roll e outras melodías de diferentes tradicións do noso planeta.

Este é o conto.

A hipopótama Chocolata toma diariamente e seu baño na lagoa. O mono Teófilo conta que na cidade hai unha casa de baños, e decide viaxar ata alí para probala.
Pola súa infantil mirada recoñece os diferentes hábitos da grande cidade, e vive outro estilo de vida.
Merca moitas cousas e ao volver a casa, desfaise de todo o que mercou, decatándose do que de verdade é importante desprenderse do que non necesita.
Un relato cheo de humor, optimismo, amizade…
OUTRO VÍDEO DAS CANCIÓNS 
“CONTOS E CANTOS”

PREMER NAS IMAXES

                         

RECORDA
SE VAS DE VIAXE, LEVA LIBROS 
NA EQUIPAXE!!!

7 comentarios:

  1. Iso, iso. E que sexan en galego

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Teño a seguridade que terás un verán de libros. Quizais na praia, á beira dun regato, comendo un xeado …
      Pois en calquera dos casos… Se de viaxe nos vas….collerás un libro e mil mundos verás!!!!

      Eliminar
  2. Me an encantado los diibujos de la entrada.me gusto el libro de CHOLATA. Asta el prosimo corso. Qe tengas buenas bacacions.Un beso muy grande de Chloé.

    ResponderEliminar
  3. Me an encantado los dibujos de la entrda.La poesia (SE VAS DE VIASE,LEVA LIBROS NA EQUIPASE¡¡¡.Tamen gustoume o conto chocolata.Un beso muy grande de CHLOE.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas polos teus bos desexos e comentarios sobre a entrada. Comprobo que che encantou!

      Eliminar
  4. Respuestas
    1. Moitísimas grazas por escribir o teu primeiro comentario! Por riba un comentario tan especial!!!

      Eliminar