martes, 10 de abril de 2012

MES DOS LIBROS. ABRIL É UNHA FESTA (1)



ABRIL É UNHA FESTA!



As manoplas de Carapuchiña

Estamos no mes dos libros. Este é unha fermosísima versión do  conto Carapuchiña vermella. Este conto popular foi obxecto de moitas versións. Primeiro Charles Perrault  e despois os Irmáns Grimm.
Agora pecha os ollos e soamente escoita este outo dos Contos do camiño.
As manoplas de Carapuchiña, de OQO. Escrito por Inés Almagro , e as ilustracións de Mikel Mardones que estades a escoitar é unha versión diferente ao conto clásico.
Os personaxes mostran un raro comportamento:—Que raro! –dixo–. O lobo sempre me viña asustar!  —Que raro! –dixo Carapu, mentres poñía a carapucha– No meu conto nunca neva! 
Que outras cousas pasan nesta nova versión?

     


Outra Carapuchiña. Recurso Lim feito por Ana en aulatic-terradeferrol.

   


Xa que estamos a preparar un cómic por equipo, como unha das tarefas para celebrar o Día do Libro, déixovos unha actividade Lim moi interesante.
Neste recurso  recoñecemos aos personaxes do cómic e os principais elementos que contén.


O colexio  Chans Bembrive-Vigo realizou este caderno de actividades sobre o cómic.

Moitas grazas! Pulsa na imaxe.

Agora unha presentación feita polo colexio anterior. Pulsa aquí. 


 

Xogando cos personaxes do cómic.


Outro libro Lim realizado polo CEP Fleming- Vigo.

     

2 comentarios:

  1. Encantoume os xogos, pero o que mais gustoume foi o conto de carapuchiña.

    ResponderEliminar
  2. Marta, desexo que cos diferentes recursos do blog podas pasalo moi ben e aprendas moito.

    ResponderEliminar