lunes, 16 de abril de 2012

MES DOS LIBROS. ABRIL É UNHA FESTA (3)


ABRIL É UNHA FESTA!
Aínda que xa pasou o 2 de abril, vou intentar, de xeito moi breve, resumir o que comentamos en clase. En realidade durante todo o curso xa lemos moito, especialmente os contos de Andersen.
Ese día celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en conmemoración do aniversario do nacemento de H. C. Andersen.
Seguro que de pequenos durmíchedes moitas veces escoitando contos como “O parrulo feo” ou “O soldadiño de chumbo”.
E seguro que tamén víchedes películas como “A sereíña”.  Sabedes  quen escribiu eses contos? Foi Hans Christian Andersen.

Penso que unha persoa que dedicou a súa vida a escribir contos e que foi capaz de encher a nosa infancia de soños e fantasías merece que polo menos lle dediquemos un pouco do noso tempo.
Sen el, sen as súas  historias, a vida dos nenos do mundo non sería igual. 

Cartel anunciador do 2012
Pulsa na imaxe para ler a mensaxe deste ano.

Desde CEIP Mestres Goldar este magnífico libro LIM

       


Pulsa agora na imaxe de "O traxe novo do emperador".
Outro magnífico LIM de Lupe Gónzalez.

Para rematar, estas son algunhas das razóns polas que lemos os rapaces e as rapazas do noso colexio.

          


1 comentario:

  1. Ami me gustan los libros tanto como ati



    chloé

    ResponderEliminar