sábado, 14 de abril de 2012

MES DOS LIBROS. ABRIL É UNHA FESTA (2)


XXIII FEIRA DO LIBRO 2012 DE FERROL



Nestes últimos días do mes de abril, en todas as cidades conmemórase o Día do Libro, e na nosa comarca tamén.

Non deixedes de aproveitar esta ocasión de atopar ese libro que vos está esperando!

  

E saberiades dicir que sucedeu tal día como o do 23 de abril?  Por que se conmemora o día internacional do libro un 23 de abril?


PREMER NA IMAXE

     


O próximo xoves día 19 o Cantón de Molíns acolle unha nova edición da Feira do Libro de Ferrol, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia, a Xunta e o Concello. Unhas oito librarías abrirán as súas casetas coa intención de fomentar a lectura.

Imos traballar co Programa de actividades que o Concello de Ferrol preparou para a ocasión. Axúdasnos a consultar a programación de actividades?  

PARA IR Á PROGRAMACIÓN ABRIR NA IMAXE


AGORA TAMÉN NESTA

  

PARA REMATAR O  LIBRO LIM DA IMPORTANTÍSIMA OBRA “MEMORIAS DUN NENO LABREGO” DO ESCRITOR XOSÉ NEIRA VILAS


PREMER NA IMAXE




LIÑA DO TEMPO DE NEIRA VILAS: BIOGRAFÍA E OBRA

        

Xa sabemos que secedeu un 23 de abril hai moitísimos anos. Polo tanto coñecemos que Miguel de Cervantes escribiu "O Quixote". No blogue de Ana en aulatic-terradeferrol atopei este abraiante traballo. No GLOGSTER podedes aprender xogando sobre esta obra universal.  
Recoméndovos que primeiro vaides a Juegos variados. Tamén atoparedes: vídeos, para colorear, poemas…    Abre mellor con Mozilla



                 

No hay comentarios:

Publicar un comentario