sábado, 24 de marzo de 2012

AS NOSAS PLANTAS (1)



AS  PLANTAS
Na unidade 7 de Coñecemento do Medio estamos a estudar a estes seres vivos que son a base para a vida no noso planeta.

Ímonos comprometer nun Proxecto, que durará o que queda de curso, para investigar e chegar a valorar este incrible mundo. As plantas son especiais pois sen moverse teñen que alimentarse, crecer, florecer, producir froitos...

Coincidindo coa primavera comezamos xa este Proxecto!!
Primeiro descubrimos que xa sabemos moitas cousas sobre elas, pero que outras moitas están por coñecer. Temos poucas oportunidades de achegarnos ao campo ou de pasear polos nosos montes e bosques!

Falamos e estudamos, polo noso libro, que as plantas teñen varias partes: raíces (para alimentarse e agarrarse ao chan), talo (que sostén as follas), follas (polas que fabrican o alimento de toda a planta, polas que respiran e expulsan osíxeno) e algunhas flores (con pétalos e sépalos que suxeitan aos primeiros).


Pulsa na imaxe.
Aprenderás sobre as plantas: con flores, sen flores, da súa alimentación, reprodución e dos seus coidados.

Aconsélloche que vaias pouco a pouco a cada unha das animacións (cada día unha). Ademais de que estarías a realizar durante moito tempo as actividades non serías capaz de asimilar todo.

 
Para vivir o proceso de nacemento das plantas esta semana ESTIVEMOS PLANTANDO NA NOSA CLASE!!!

Cando chegamos esta semana, xa estaban as sementes (fresas, xirasois, flores aromáticas…) , as pastilliñas de turba para que cada un de nós plantaramos. Despois as regamos e as puxemos preto da ventá que recibe moito Sol



AS PRIMEIRAS FOTOS DA NOSA PLANTACIÓN

Polo de agora teremos que esperar e desexar moita sorte!!!
Xa iremos contando como van medrando.


Polo de agora comezamos cuns vídeos:



CANTAS PLANTAS COÑECEMOS?

IMAXE DE AULATIC-TERRADEFERROL PARA O SEU BLOGUE “OS NOSOS BOSQUES”

Segundo o seu tamaño podemos clasificar as plantas en: HERBÁCEAS, ARBUSTOS E ÁRBORES

As primeiras caracterízanse por ter talos finos e flexibles, as coñecemos como herbas. 
Os arbustos son máis grandes e teñen un talo leñoso no que as púas pólas saen preto do chan. 
As árbores teñen un groso tronco e as súas pólas saen lonxe do chan. Poden vivir centos de anos. Moitas son o fogar de moitos animais.



Un magnífico traballo sobre a flor do CEIP de Palmeira (Ribeira- A Coruña).
Pulsa na imaxe



2 comentarios:

  1. Ojalá nosotros también fabricáramos nuestro propio alimento. Estaría tan rico...

    ResponderEliminar
  2. TRANQUILIDADE CARLOS! TEMOS PLANTADAS LEITUGAS E AMORODOS!

    ResponderEliminar