domingo, 8 de enero de 2012

TRABALLANDO POLA PAZ (I)


TRABALLANDO POLA PAZ (I)

  Hai uns días vivíamos o Nadal. E agora, neste mes de xaneiro, imos celebrar o  DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. Esta conmemoración empezamos a traballala agora.
  As festas nadaleiras son uns momentos do ano que máis felicitacións e desexos de paz damos e recibimos.

  Hai unha canción, Noche de Paz” (Stille Nacht, reilige Nacht), que protagonizou, na guerra de 1914, a tregua bélica máis famosa da historia.
Na fría e conxeladora noite do 24 de decembro do ano 1914, na parte dos alemáns os soldados comezaron a acender candeas. Os oficiais ingleses viron a través dos seus prismáticos que algún homes do inimigo sostiñan árbores de Nadal sobre as súas cabezas con candeas nas súas pólas.
Ao pouco tempo os ingleses escoitaron a un soldado alemán, tenor de profesión, cantar Stille Nacht, reilige Nacht”.
As tropas británicas recoñeceron a melodía e inmediatamente o acompañaron ao son dunha gaita escocesa.  Estaban a cantar “Noche de Paz” a canción que por uns días detivo a guerra.
Así miles de alemáns, franceses e escoceses intercambiaron agasallos, cantaron panxoliñas, armaron arboliños, xogaron ao fútbol…
Calaron as armas, e a paz brillou, por uns instantes.


"Feliz Navidad" é unha película francesa do 2005, dirixida por Christian Carion. Está baseada nos feitos históricos que comentaba antes.

O videoclip de Paul McCartney "Pipes of Peace"


A letra da canción "Pipes of Peace"

No blogue  aulatic-terradeferrol  atopei esta presentación que fixo Ana o curso pasado, a creadora do blogue que estades a ver, para celebrar o día da Paz.


Tamén montou o conto  "MARCE, O CARTEIRO"


No blogue O RECANTO DE MIK  encontraredes entradas moi boas para traballar. Investigaremos de maneira semellante a como nos aconsella "Mik Holmes".

Esta é a nosa primeira entrada para traballar a conmemoración do día 30 de xaneiro.  Por agora rematamos.

- AS ENTRADAS "TRABALLANDO POLA PAZ" PRETENDEN: SIRVAN DE INSPIRACIÓN PARA A REFLEXIÓN, O DEBATE, O TRABALLO, O XOGO, A EXPRESIÓN ARTÍSTICA (PLÁSTICA E MUSICAL)...

- DEBERÍADES IR CON FRECUENCIA A ELAS (CANDO TEÑADES UN MOMENTIÑO DE LECER, CANDO VOS ACOMPAÑEN OS VOSOS IRMÁNS, AMIGOS, AVÓS OU PAÍS)

- NON SON PARA TRABALLAR SÓ EN DATAS PRÓXIMAS A CELEBRACIÓN DO DÍA.

- DESEXO QUE CHEGUEDES A DESCUBRIR QUE TODOS SOMOS NECESARIOS PARA LOGRAR A PAZ; EN TODOS OS MOMENTOS DAS NOSAS VIDAS E NON SOAMENTE O 30 DE XANEIRO.

CONFÍEMOS QUE NON SEXA NECESARIO CONMEMORAR 
MÁIS DÍAS DA PAZ!!!!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario