jueves, 5 de enero de 2012

FELIZ 2.012!




FELIZ   ANINOVO!



   Acaban as festas de Nadal. O luns 9 empezamos un novo trimestre. Desexo que a volta ao colexio a vivades con moita ilusión e enerxía dabondo.
   Nesta primeira semana do novo ano imos comezar traballando unha Unidade Didáctica para aprender, divertirse e recordar todo o vivido nestas datas nadaleiras.

   No magnífico blogue
Picolindo (do CEIP.Virxe do Rocio de Vigo) atopamos este excelente traballo.  Moitas grazas pola súa xenerosidade ao compartilo con todos nós!

   Como dicía ao traballar “ Cóntame como é o Nadal”, espero que comentedes en clase as vosas ilusións e experiencias vividas nestes días. Tamén traeredes á clase os vosos xoguetes preferidos!


  


   Estes días estiven remexendo nas librarías e atopei uns libros e unha música moi interesante que imos comentar e traballar con ela en clase. Sen dúbida os Reis deixan algo na nosa clase!

   Se queres coñecer a ilusión e non sabes como explicala, neste momento dedicado ás súas maxestades falaremos de dous contos especiais relacionados co día 6 de xaneiro. ‘A boneca e a castañeira’, de OQO e ‘Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis’, de Kalandraka.
   Estas datas son algo máxicas especialmente para os nenos. Mais… As ilusións son iguais para todos?  Que ocorre cando xa se conseguen?

A boneca e a castiñeira
Roberto Aliaga & Maja Cilija
12,90
978-84-9781-068-7
Novembro 2008



   Nun momento onde nos vemos desbordados pola publicidade e pedimos como agasallo aquilo que vemos nos anuncios, este conto de Roberto Aliaga axúdanos a reflexionar sobre a necesidade dun consumo responsable, ter presente a realidade dos países pobres e ser conscientes das inxustizas que ao noso redor se producen.
   Pois a felicidade consiste en explorar e crear, e hoxe moitos xoguetes –como a boneca de porcelana do conto– non serven para divertirse con eles.

 
Marcela vive coa súa avoa, a castañeira, e unha boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos. Polo Nadal, a avoa monta o posto fronte á tenda de xoguetes e, entre o ir e vir de xente que merca agasallos, non pode deixar de mirar no escaparate a boneca de porcelana que querería regalarlle á neta. Un día un home entra na tenda e, ao saír apurado, deixa caer un paquete: a boneca de porcelana. A Marcela gústalle, pero non tanto como a avoa esperaba...

Chema Heras
 Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis

Ilustraciones de Kiko Dasilva

Col. Demademora. Kalandraka Editora. Pontevedra, 1999


   Un atípico e divertido conto de Nadal que amosa a particular visión dun neno algo traste sobre ese acontecemento tan especial. A narración está chea de enxeño e humor.
   O peor que lle pode pasar a un neno é ter ganas de mexar no momento en que os Reis entran pola ventá.
   Martiño escribiu a súa carta aos Reis Magos pedíndolle unha locomotora. Na máxica noite, logo de deixarlles noces e leite para eles e auga para os camelos, foi durmir. Pero…
   A historia resólvese de maneira divetida e sorprendente. Martiño ao final, atopa o tren que lle pedirá aos Reis, aínda que este resulta algo especial.

Conto montado polo alumnado de Infantil dun colexio

   Na miña viaxe polas librarías atopei tamén un libro- disco Xa me tardan estes magos”. do grupo de música infantil Mamá Cabra Trátase dunha obra ilustrada, na que participan unha chea de poetas como Antón Cortizas, Gloria Sánchez…
   Segundo os seus creadores, a obra constitúe “un mollo de cancións para esperar con ilusión a chegada dos Magos; unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar…”
  
NESTE ENLACE pódedes escoitar unha das cancións “Tres Reis en bicicleta”

Na web de Mamá Cabra pódense descargar algunas das cancións do grupo.
Preme na imaxe


IMAXE COLLIDA DUN ABRAIANTE BLOGUE

Debedes ir tamén a un fermoso vídeo

 Moitas grazas a  Casa de tol@s pola súa xenerosidade ao compartir os seus recursos con nós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario