viernes, 30 de septiembre de 2011

OS SERES VIVOS- UNIDADE 1

Unidade 1: Os seres vivos

 Xa estamos traballando moito. Pois ben, aquí déixovos unhas ligazóns con actividades de aprendizaxe sobre o tema 1- Os seres vivos.
   Entrade e xogade. Logo explicádesme que vos custou máis, que aprendestes...
    Hai unha chea de cousas moi interesantes que non sabemos e que coas actividades que vos propoño podemos descubrir.

   Isto de aprender é como unha aventura na que vas superando moitas fases para chegar ao final; aínda que aquí nunca hai final, xamais deixamos de aprender.

   O primeiro control será nos próximos días. É interesante que a repasedes (polo libro e blog) para comprender mellor o tema.
Web interactivas
Os seres vivos e a materia inerte
Os seres vivos

ESCRIBIR O CÓDIGO DO LIBRO

ESCRIBIR O CÓDIGO DO LIBRO
As funcións dos seres vivos

Competencias
básicas




Para coñecer e apreciar algúns dos paxaros máis característicos da nosa terra.


ESCRIBIR O CÓDIGO DO LIBRO

No hay comentarios:

Publicar un comentario